Menu Content/Inhalt
INICIO. Millor con FIREFOX
OS ANCARES: roteiro de Donís a Piornedo PDF Imprimir E-mail
Castelo de DoirasLugo, 20 de novembro 2008. O tema da programacion dos roteiros 2008-2009 de ADEGA Lugo son os Parques Naturais, os xa declarados e os propostos para tal declaración, nomeadamente os da cornixa oriental galega, como é a Serra dos Ancares. Dende ADEGA entendemos que a declaración de Parque Natural debe ser un beneficio para a comunidade en xeral, e en especial para os habitantes dese espazo. Está en trámites esta declaración para Os Ancares e O Courel e dende ADEGA queremos apoiar esta opción, polo que decidimos dar a coñecer estes espazos organizando case de xeito monotemático roteiros por estes lugares. Por iso o vindeiro 23 de novembro visitaremos Os Ancares.
 
A enerxía nuclear cara a cara PDF Imprimir E-mail
18 de novembro de 2008. Fronte aos intentos por reabrir o "debate nuclear" na península, tentando apresentar esta enerxía con novas e enganosas roupas, ADEGA quere poñer fronte á opinión pública as verdades que agocha o lobby atómico nas súas campañas. A enerxía nuclear constitúe un perigo que debemos rexeitar non só no noso país, mais tamén como opción enerxética a nível mundial, polo que implica de contaminación transfronteiriza e de perigo xeralizado. A información faise imprescindíbel para a toma de decisións e artellar unha implicación social na defensa da Terra e do noso territorio. Un artigo de Adela Figueroa, Presidenta de ADEGA

Máis de 3500 sinaturas contra a contaminación dos ríos Deva e Ribadil PDF Imprimir E-mail
depuradora_da_caiza.jpgA Cañiza, 14 de novembro de 2008. ADEGA fixo esta mañán entrega no concello da Cañiza dunha petición asinada por mais de 3500 cidadáns residentes na comarca do Condado e da Paradanta. Nela os asinantes pídenlle ao alcalde da Cañiza, o popular César Mera, que poña fin os vertidos ilegais que dende hai anos están a contaminar gravemente os ríos Deva e Ribadil.
 
Stop Nadal: aínda non, por favor! PDF Imprimir E-mail
14 de novembro de 2008. ADEGA solicita á administración, empresas e cidadáns control no consumo. Até fai ben pouco tempo, decembro traía o Nadal, pero nos últimos anos toda a parafernalia que vai asociada a estas festas adiántase cada vez máis, e cara finais de novembro aparecen xa os primeiros sinais. Este ano, a finais de outubro, cando moitas persoas aínda non probamos as castañas, xa había polvoróns, turróns e mazapáns nos andeis de moitos supermercados, e na primeira semana de novembro xa temos ofertas especiais de xoguetes. A nosa sociedade xa de por si consumista, convírtese nestas datas nunha sociedade hiperconsumista, depredadora dos recursos do planeta, sen percibir que estes son limitados e que deben ser xestionados como tal.
 
Campaña de ADEGA pola saúde dos ríos galegos PDF Imprimir E-mail
Lugo, 13 de novembro 2008. ADEGA ven de apresentar en Lugo a CAMPAÑA POLA SAÚDE DOS RÍOS GALEGOS que tenta achegar posturas de cara á concienciación pública pola conservación e recuperación dos ríos galegos, particularmente cos concellos, pescadores e demáis colectivos locais. No sector máis concienciado da sociedade galega hai arestora unha fonda preocupación polo estado en que se atopan os ríos do país. Con só mirar uns poucos anos atrás podémonos decatar do deterioro sofrido por tantos cursos fluviais, hoxe canalisados ou convertidos en cañeiras a ceo aberto. Dentro desta campaña, haberá charlas e reunións por todo o país, alén dun CONCURSO FOTOGRÁFICO. Participa!
 
ADEGA renova a súa delegación de Ordes-Cerceda PDF Imprimir E-mail
asemblea_ordes.jpgOrdes, 13 de novembro de 2008. ADEGA ven de celebrar onte unha asemblea dos socios/as da Delegación de Ordes-Cerceda na que se escolleu unha nova Xunta Directiva. A delegación de ADEGA na comarca de Ordes-Cerceda constiuiuse hai xa 8 anos e agora vese reforzada coa incorporación de novos as socios/as, nomeadamente de Ordes. Os concellos que formarán parte da nova delegación ampliada son: Carral, Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Trazo, e Tordoia. Dende ADEGA-nacional animamos a toda a veciñanza da comarca a participar nas actividades da delegación e tentar solucionar os seus graves problemas ambientais.
 
ADEGA pide a retirada das tropas españolas en Afganistán PDF Imprimir E-mail
adegapaz.jpg12 de novembro de 2008. A recente morte de dous soldados en Afganistán, un deles galego, nun ataque no que resultaron feridos outros militares, debería reabrir o debate público sobre se as tropas deben permanecer naquel país. ADEGA lamenta tan tráxico suceso e expresa a súa dor pola morte de 88 soldad@s no conflito afgán, 17 deles galeg@s. Agardamos que estes feitos fagan reflexionar ao governo español e retire as tropas, xa que a realidade está a demonstrar que, contrariamente ao manifestado por Defensa, trátase dunha guerra aberta e non dunha simples misión "humanitaria".
 
Éxito de participación nas II xornadas sobre o lobo galego PDF Imprimir E-mail
xorlobo1.jpgOleiros-Bande, 8 e 9 de novembro de 2008. ADEGA e o CEIDA (Centro de extensión e divulgación ambiental de Galicia) conseguiron reunir máis dun cento de persoas interesadas en coñecer e debater sobre o futuro do lobo en Galiza e sobre o Plano de Xestión que vai impulsar a Xunta proximamente, aínda que se botou en falla a presenza dos responsábeis políticos na materia, que legaron a representación no persoal técnico.
 
Adxudicar os megawatios antes do Plano Eólico pode coutar o desenvolvimento sustentábel do sector PDF Imprimir E-mail
10 de novembro de 2008. Diante da inminente resolución do concurso eólico, dende ADEGA queremos manifestar a nosa desaprobación pola falta de participación e transparencia na elaboración do novo Plano Sectorial Eólico tramitado pola Consellaría de Industria. Alén da mera tramitación administrativa, non existiu un proceso previo de consulta e debate cos sectores afectados e que representan intereses moi variados (comunidades de montes, concellos, sector turístico, empresas, colectivos ecoloxistas e de defensa do patrimonio, etc.) para concordar un novo modelo de desenvolvimento eólico para Galiza. Alegacions PLANO EOLICO.pdf Alegacións PLANO EÓLICO (32 KB)
 
Medio Ambiente fomenta con cartos públicos un ecoloxismo á medida dos seus intereses PDF Imprimir E-mail
manipula.jpgCompostela, 7 de novembro de 2008. Denunciamos a interesada e fraudulenta concesión de axudas públicas a asociacións "monicreque". ADEGA e APDR (integradas na FEG) así como a CEMMA (7 colectivos) e ERVA, queremos amosar publicamente o noso malestar coa Consellaría de Medio Ambiente, e a preocupación pola política de intento de control que o conselleiro Manuel Vázquez pretende levar a cabo co movimento ecoloxista galego, nomeadamente através da política de subvencións.
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 18 de 569
Advertisement
concrios08.gif
Colaboran con ADEGA:
manologarcia.jpg

rasaloba.gif

Enquisas

Que opinas do traslado de ENCE da ría de Pontevedra?
  

Sindicación

Coa axuda de:
lpl.jpg
designed by www.madeyourweb.com
Adega