6 de xaneiro de 2009. A partir deste 10 de xaneiro volverase a repetir o sanguento espectáculo dos "campionatos" de caza de raposo en Galiza. Ese día nas vilas de Xinzo da Limia (Ourense), Silleda, Lalín e Vila de Cruces (Pontevedra); Sofán, Dumbría, Corme e Carballo (A Coruña) realizaranse os “campionatos provinciais” aos que seguirán, nas semanas posteriores, o “campionato galego” e o “campionato estatal”. Incomprensibelmente, esta crueldade organizada pola Federación Galega de Caza está considerada como deporte!!! e conta co apoio e luce os logotipos de “Deporte Galego”, da Consellería de Cultura e Deporte e da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galiza. Manifesto RAPOSO 09 (12 KB) |
|
Compostela, xaneiro de 2009. ADEGA quere facer balanzo do acontecido en 2008 dende o ponto de vista ambiental e expresar as nosas expectativas para o 2009. Na pasada lexislatura aprobáronse leis de trascendencia ecolóxica como a da paisaxe, a da minaría, de montes, a de residuos ou o canon hidroeléctrico. Está por ver se o seu desenvolvemento en 2009 farase ou non de xeito sustentábel. A experiencia con outros planos no 2008, quer o Acuícola, o de Instalacións Náutico-deportivas, de Infraestruturas de Comunicación ou o Eólico, amosa que as cuestións ambientais seguen supeditadas a intereses políticos (caso dos muíños, as estradas ou o AVE) ou mesmo empresariais, como as piscifatorías ou portos deportivos. En resumo: demasiada improvisación e publicidade, poucos avanzos e políticas transversais. |
|
 30 de decembro de 2008. ADEGA súmase ao chamado urxente de organizacións da sociedade civil galega, como o Seminario Galego de Educ. para a Paz, a Iniciativa polos DD.HH., Galiza por Palestina, Coordinadora de ONGDs, o Foro da Inmigración ou a Fundación Araguaney para participar nos actos de solidariedade e apoio ao pobo palestino, de indignación e protesta pola barbarie sionista, de reclamación de medidas por parte da comunidade internacional, especialmente da UE, para que se obrigue a Israel a frear esta ofensiva militar que vulnera a legalidade e as resolucións da ONU. Pica para ver máis actos en Ferrol, A Coruña, Ourense, Vigo, Lugo, Ponteareas...
|
|
29 de Nadal de 2008. Dende hai 8 anos, ADEGA entrega os premios OSÍXENO e DIOXINA para subliñar á millor e pior actuación ambiental do ano. Premio OSÍXENO á millor actuación/actitude ambiental do 2008: -Categoría colectivo: Coop. de cultivo ecolóxico Raíña Lupa (Quilmas, Carnota). -Categoría individual: ao veciño do Courel Xan de Vilar. Premio DIOXINA á actitude ou actuación máis agresiva e insustentábel: -Categoría colectivo: ao trío ENDESA-FENOSA-IBERDROLA. -Categoría individual: a Jorge Santiso, sec. xeral da consellaría de Medio Ambiente e presidente de Augas de Galiza. |
|
26 de decembro de 2008. Adxudicar os MW co plano do PP vixente compromete o desenvolvemento sustentábel do sector. Dende ADEGA queremos manifestar o noso rexeitamento á adxudicación de 2.290 MW do concurso eólico que vén de facer Industria, sen ter antes modificado o desastroso Plano Eólico do PP aínda vixente. A redacción dun novo Plano Eólico con criterios de sustentabilidade, participativo e incardinado nunha política enerxética que prime a suficiencia, a eficiencia, o aforro e a reducción das emisións de GEIs, debería ser previo á concesión das licenzas de explotación. Abrir a poxa denantes de aprobar unha nova planificación sectorial e sen diálogo previo constitúe un grave erro. Alegacións PLANO EÓLICO (32 KB)
|
|
Compostela, 21 de Nadal de 2008. Desde hai anos, ADEGA vén desenvolvendo campañas relacionadas con diversos aspectos do Nadal: “Neste Nadal... os meus agasallos sen pilas” ou a “Carta das raíñas magas” foron algunhas das iniciativas que invitaban a reflexionar sobre a importancia da contención no consumo no Nadal. Con este caderno queremos achegar aos Fogares Verdes unha lectura reflexiva nestas datas nas que o consumismo parece convertirse na motivación principal das celebracións. Xuntanzas para celebrar unhas festas nas que os curtos días convidan a longas ceas e xantares, nas que se intercambiar agasallos e onde a solidariedade e a paz parecen estar presentes. Porén, as cegadoras luces destas celebracións (que ben poderían chamarse as festas do consumismo) impidennos ver o seu alto custo ambiental, económico e social. Baixa o caderno NADAL VERDE (2.8 MB) |
|
Compostela, 17 de decembro de 2008. Os ríos galegos experimentaron un empeoramento tanto no estado de saúde como na calidade do bosque de ribeira. O Proxecto Ríos, iniciativa promovida por ADEGA, presenta o Informe 2008 sobre o estado de saúde dos ríos galegos. No informe preséntanse os resultados das análises efectuadas nas campañas de primavera e outono, polos distintos grupos de voluntarios/as ao longo de todo o país. O Informe Anual permite aproximarnos ao estado de saúde das diferentes bacías a partir de determinados indicadores empregados. Podes descargar eiquí o INFORME RÍOS 2008 (4.62 MB) completo. |
|
Pontevedra, 15 de decembro de 2008. A ubicación que se propón para este campo de golf no Monte Xiradella afectará a un ecosistema de grande importancia, protexido por diferentes figuras legais e administracións: é Zona de Especial Protección Para as Aves (ZEPA-UE), Lugar de Interese Comunitaria (LIC-UE), Humidal de Importancia Internacional (Convenio Ramsar), Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (Xunta de Galiza), e Humidal Protexido (Xunta de Galiza). |
|
 13 de decembro de 2008. A Xunta vén de declarar Paisaxe Protexida 212 Ha dos Penedos de Pasarela e Traba (Vimianzo e Laxe). Non é sen tempo: en marzo de 2006, o Parlamento aprobou unha proposición para que este espazo tivera "cantas medidas foran necesarias para manter a súa integridade e a do seu contorno". Nestes 2 anos só o compromiso de colectivos cidadás, culturais e ecoloxistas impedíu a desfeita con varias canteiras apoiadas polo alcalde de Vimianzo - "pedras son pedras"-. Falta agora que a declaración non fique en papel mollado: cómpre un plano de conservación e xestión con orzamentos reais, e veremos se canteiras e eólicos non impoñen o seu "interese público". |
|
Lugo, 12 de decembro de 2008. Comuneiros das comunidades de Guitiriz e Parga e xunto á alcaldesa de Guitiriz e a presidenta de ADEGA subímonos ao tren até Lugo para reivindicar o mantemento da estación de Guitiriz para os comboios de longo percorrido. Entretanto, a estación de Curtis e Betanzos na liña Ferrol-Barcelona fican abandoadas. Semella que estación chairega vai ser respeitada mais só para o tren a Madrid; a liña de Barcelona xa non parará. Mais a loita continúa polo mantemento e a restiitución dos servizos por ferrocarril en toda Galiza.
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 1 - 18 de 589 |